ESPIAS NO BOSQUE

Espias no bosque cartel

Espias no bosque cartel

É palpable descoñecemento da fauna autóctona por parte da poboación en xeral e os máis novxs en particular. O desapego do noso rural, as novas tecnoloxías e múltiples factores, fan que a nosa rapazada coñeza máis o leopardo das neves que un porco teixo.

As avaliacións realizadas en centros de ensino a través a cuestión “dime un animal”, arroxaban datos categóricos:
Máis dun 80% da rapazada dicía como primeiro nome un animal exótico. Leóns, tigres, leopardos, elefantes ..eran os máis repetidos.

O lobo, o primeiro da lista dos animais autóctonos, atopábase bastante afastado dos primeiros postos. E estas conclusións poden ter reflexións transversais.

A falta de coñecemento da nosa fauna autóctona é en xeral parte do descoñecemento do noso patrimonio en xeral, e do noso rural tamén.

Consideramos que os nosos mamíferos, por ofrecer indicios ben visibles no territorio e por ser animais atractivos para a nosa rapazada, poden ser unha boa ferramenta para o achegamento xeral aos nosos bosques e ao noso rural.

ESPÍAS NO BOSQUE é un programa da Asociación Ambiental Senda Nova financiado pola Deputación da Coruña, que pretende achegar e dar a coñecer os mamíferos máis representativos do rural galego.

 

Os destinatarios principais son rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira, que recibirán accións nos propios centros de ensino colaboradores así como actividades no medio natural.

Tamén se realizan actividades fora dos centros de ensino, abertas á participación xeral da poboación

As actividades máis numerosas son as charlas nas propias aulas, que se complementan co reparto de material gráfico sobre diferentes especies de mamíferos autóctonos e extensas láminas visuais cos mamíferos máis representativos.

 

 

Entre os obradoiros máis comúns atópanse os Obradoiros de Pegadas e Indicios, onde a rapazada pode achegarse a través de proxeccións e realización de pegadas con moldes dos diferentes animais.

Espias no bosque 6

Espias no bosque 6

Espias no bosque 5

Espias no bosque 5

Espias no bosque 4

Espias no bosque 3

Espias no bosque 3

Espias no bosque 2

Espias no bosque 2

Espias no bosque

Espias no bosque

Espias no bosque 7

Espias no bosque 7