O medioambiente confórmao todo o que nos rodea: A flora, a fauna e o patrimonio cultural pero tamén as xentes coas que convivimos.

Estás nunha actividade organizada co mellor dos propósitos por unha entidade sen ánimo de lucro que loita pola preservación do patrimonio dende o coñecemento do mesmo. Que sepas que a túa participación axeitada nela contribúe a que a entidade mellore e o máis importante: QUE SE CUMPRAN OS OBXECTIVOS DA PRESERVACION DO ENTORNO.Lembra que eres moi moi importante cunha conducta axeitada, pero cunha inaxeitada perxudicarás ó grupo, á organización e moi probablemente ós obxectivos. Lembra que no momento que empece o evento formarás xa parte do grupo e dos obxectivos da asociación. Son pois imprescindibles unhas pautas de convivencia:

  1. Esforzate por adaptarte ao grupo, non o grupo a ti. O nexo é a organización. Non camines nunca diante do guía. Él terá en conta as persoas en condicións inferiores e adaptará o ritmo ás mesmas.
  2. Mostrate aberto a aportar. Se non entendes, pregunta, se sabes, ensina. Date a coñecer a pedir axuda e tamén a dala. Escoita e respecta aos que aporten cousas. Lembra que de xuro que eres moi válido para alguén.
  3. Coida o material: O material non é dun só uso, recicla o que poidas e coidao co máximo mimo tanto se é teu como prestado pola entidade ou algún compañeiro /a. Deixa todo idéntico a como cho prestaron. Non escatimes tempo.
  4. Respecta as decisións dos organizadores. Eles saben mellor do desenvolvemento da actividade en canto aos seus obxectivos. Intenta comprender o programa previo ou as posibles modificacións. Achegate a alguén da organización en privado e aporta alternativas se así o entendes. Comprende tamén os posibles fallos e pensa que todo foi feito coa mellor intención.

Coa Ecoloxía

Lembra que percorremos lugares de alto valor ecolóxico e lembra que estás nunha actividade dunha asociación ambiental. Minimiza ao máximo a túa pegada. A contaminación chéganos aos humanos polos cinco sentidos.

  1. Lembra que nos hábitats percorridos haberá especies cunha percepción parecida á humana e que haberá outras que a teñan moi diferente e que sexan máis sensibles ca nos a certas actuacións.
  2. Lembra que non só existen animais grandes e analiza de canto se compón o entorno: Fauna, flora, xeoloxía , patromonio cultural, etnográfico, histórico…
  3. OIDO Non fagas ruidos innecesarios, só cando a organización o permita.
  4. VISTA .Evita tirar nada no chan que traias da túa casa NON PENSES QUE É BIODEGRADABLE. Fai as túas necesidades sin que nadie o sepa nin o poida saber. Faino nun burato e tapao. Pensa que si os papeis de limpar o fuciño non se poden deixar no chan, os de limpar outras cousas tampouco. O demáis lixo que crees, débelo levar contigo ata poder tiralo nun lugar axeitado.
  5. CONTAMINACIÓN QUIMICA. Evita remexer e alodar os cauces fluviais por pequenos que sexan. Respecta os bebedeiros evita contaminar a súa auga. Usa xabóns ecolóxicos ou en últimos casos que nunca che caia nada dentro do cauce. Utiliza recipientes.
  6. EVITA facer lume e levar roupa moi visible para integrarte mellor no entorno e poder observar sen ser visto. Respecta aos nativos, as súas costumes, intenta aprender deles e pensa que todo o visitado estaba alí antes ca ti. Pensa tamén que os que virán detrás quererán atopalo igual ou mellor.