OS PASOS DA HISTORIA: 55 fotos para dez anos de PRIMAVERA EN RUTA

OS PASOS DA HISTORIA: 55 fotos para dez anos de PRIMAVERA EN RUTA

Os Pasos da historia4

Os Pasos da historia4

Moi especial foi a presentación de onde mércores 29 de maio de 2019. Á presentación da exposición fotográfica OS PASOS DA HISTORIA asistíu Xosé Regueira, concelleiro de turísmo do Concello de Carballo, Miguel Vales, concelleiro de medioambiente e Carmen Castro, animadora cultural do Concello de Carballo.

Os Pasos da historia3

Os Pasos da historia3

Por parte de Senda Nova, Eva Cameán representou á asociación nesta presentación e Xosé A. Andrade e Jose M.Menéndez profundizaron nos contidos dunha mostra fotográfica composta de 55 unidades repartidas entre 10 anos de PRIMAVERA EN RUTA.

Como expuso Eva, a PRIMAVERA EN RUTA  representou moitísimo na entidade, ao ser o primeiro programa que levou a cabo a entidade. Un programa que iniciaba un xeito de organización e que supuxo un contacto cercano e permanente durante este tempo con persoeiros e asociación de veciñ@s do rural de Bergantiños, Soneira e Ordes.

O proxecto servíu para marcar tamén unhas liñas de traballo e tamén dende a responsabilidade de realización de actividades necesarias para a potenciación do patrimonio e que non estivesen sendo tratadas por outras entidades.

 

En canto á mostra en si, quere profundizar no agradecemento a concellos e entidades diversas que participaron neste proxecto que é transversal á sociedade a través de todas estas colaboracións. Os criterios de selección de 55 fotografías dunha caixa de 4000 foi variado, intentando ter representación de todas as edicións, así como que se vexa representado o variado patrimonio que se intenta poñer en valor.

 

Quixemos mostrar tamén o apoio de entidades e a participación das persoas nestes dez anos e case 1600 km percorridos, así como fotografías simpáticas que foron quedando plasmadas a través das diferentes persoas, variadas cámaras de fotos e tamén condicións climatolóxicas diferentes.

A paisaxe foi outro factor importante no criterio selectivo, ordenando a exposición en diferentes tamaños das obras intentando escapar da monotonía nos conxuntos.

Todas estas obras están enmarcadas nas frases explicativas para cada unha delas, realizadas por Xosé Antonio Andrade, que as complementarán dende importantes aspectos de cada unha das fotografías.

 

A mostra permanecerá exposta ata o 20 de xuño de luns a domingo de 17 a 21h na sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura.

Os Pasos da historia3

Os Pasos da historia3

Os Pasos da historia2

Os Pasos da historia2

Os Pasos da historia

Os Pasos da historia