Presentación do 6º Outono en Marcha dende o Espazo da Natureza de Oza / gran acollida da Andaina da seta e a castaña

Presentación do 6º Outono en Marcha dende o Espazo da Natureza de Oza / gran acollida da Andaina da seta e a castaña

Presentacion ENO 6ºOT

Presentacion ENO 6ºOT

Presentacion ENO 6ºOT

Presentacion ENO 6ºOT

O Espazo da Natureza de Oza acolleu unha nova presentación do 6º Outono en Marcha, onde se desmenuzaron os diferenetes obxectivos das andainas, así como un repaso de cada unha das mesmas no que respecta aos lugares de interese. Tamén fixemos un percorrido polas diferentes actividades paralelas, nas que destacaron os filmes que, dende o mesmo Espazo da Natureza de Oza, teremos a oportunidade, de xeito libre, de achegarnos á ecoloxía e patrimonio rural.

O acto contou coa presencia de nenos e nenas de edicións pasadas da Escola Ambiental, así como representantes da Plataforma en Defensa de Monte Neme e Protección Civil de Carballo. Agradecer a estas entidades a colaboración, así como ao Concello de Carballo e ao Concello da Laracha.

Unha boa presa de xente xa está anotada para a primeira das camiñadas. Vía Alcaianus percorrerase este vindeiro domingo, estando aberto o prazo de inscrición ata mañan venres nos lugares habituais.

Por outra banda, comprobamos a  gran acollida da Andaina da seta e a castaña, que organizamos xunto coa A. Media Ducia.  Medi cento de persoas se darán cita este sábado no mesmo Espazo da Natureza para celebrar esta cita anual de confraternización entre ambalas dúas entidades

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close