Bótase a andar a 7º Primavera en ruta

Bótase a andar a 7º Primavera en ruta

Presentación 7ª Primavera en ruta

Presentación 7ª Primavera en ruta

A causa do desbordamento do río Anllóns queda aprazada o primeiro roteiro “O son do Anllóns” do día 3 de abril. Posponse para o 29 de maio.

A Causa das condicións meteorolóxicas e a alerta laranxa do día 10 de abril, queda aprazada a ruta “A Forza do Rio Chonia”, posponse para o día  17 de maio.

O local social se Sísamo, acolleu na tarde-noite de hoxe a presentación da 7º PRIMAVERA EN RUTA, unha edición que mantén claros os obxectivos cos que naceu o programa máis antigo dos nosos dez anos de historia.
Presentación 7ª Primavera en ruta

Presentación 7ª Primavera en ruta

Oito rutas cargadas de paisaxe, ecoloxía e cultura. De corredoiras e de compromiso.

Un encaixe de bolillos perfeto entre persoeiros das parroquias, Protección Civil, concellos, participantes e voluntari@s de Senda Nova.

No material gráfico adxunto tedes a información precisa para as inscripcións, lugares de pauntamento, de saída…etc…

Agradecer ás case 30 persoas que vos déchedes cita hoxe en Sísamo neste repaso de contidos e filosofía dun programa que se fai maior. De xeito especial aos socios e socias da Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo pola acollida e todas as facilidades para o acto de presentación.

Agradecementos tamén aos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas, así como a Protección Civil de Carballo pola colaboración nunha edición máis do proxecto.