Aberto o prazo de preinscrición para a 12 edición da ESCOLA AMBIENTAL

Aberto o prazo de preinscrición para a 12 edición da ESCOLA AMBIENTAL

días humidais 19 Baldaio 5

A partires deste vindeiro mércores día 25 de outubro queda aberto o prazo de preinscrición para a 12 edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA- CONCELLO DE CARBALLO.

Dende Senda Nova xunto co Concello de Carballo, queremos poñer en marcha unha nova edición dun dos proxectos máis ilusionantes da entidade, que ten como protagonistas á rapazada carballesa.

A Escola Ambiental non deixou de crecer en participación e mantén unha aposta continuada ano a ano dende que naceu. Deste xeito foron máis de 30 participantes os/as que participaron nalgunha das sesións da pasada edición, tendo unha actividade continuada con 25 rapaces/as carballeses/as.

Coa Escola Ambiental pretendemos achegar o patrimonio natural e cultural da contorna, así como facilitar medios e fomentar destrezas para un mellor desenvolvemento da rapazada nos entornos naturais. Por suposto, fomentar a agricultura ecolóxica a través da horta común e realizar saídas e excursión a lugares de interese da comarca. E tamén o espírito de convivencia!!

QUEN PODE ANOTARSE

Poden facer a súa preinscrición os rapaces e rapazas que cursen 3º, 4º, 5º e 6º de primaria de Carballo tendo que realizar a preinscrición antes do 15 de novembro. Aínda así é previsible que se cubran as prazas con anterioridade polo que as inscricións definitivas definiranse segundo a orde de preinscrición. O custo total para as familias é soamente dos 30€ correspondentes á matricula.

 

DONDE E CANDO SON AS SESIÓNS

As sesións da Escola Ambiental son semanais, todos os sábados de mañá , dende novembro a xullo.
Os lugares onde se celebran as sesións poden son:
1. O Espazo da Natureza de Oza, que acollen as instalacipns das aulas formativas, invernadoiro…etc

  1. As saídas aos diferentes espazos de interese da contorna como Baldaio, as Férvedas, a Ribeira da Pena, a Bérbia…

 

COMO PODO FACER PARA FORMALIZAR A PREINSCRICIÓN

Para formalizar a preinscrición debes facelo a partires do próximo mércores día 25 de outubro e antes do 15 de novembro nas instalacións do Espazo da Natureza de Oza en horario de 17 a 20 h os mércores, xoves e venres.
Ten en conta que se se esgotan as prazas, estas escolleranse por orde de preinscrición.

ONDE PODO TER MÁIS INFORMACIÓN

Podes ter máis info se contactas connosco a través dos teléfonos 611037617   ou 611037614 ou tamén no mail  sendanova@hotmail.com