Onte día 3 de Maio do 2016, tivo lugar a presentación das 2ª Semanas de Natureza e Paisaxe, no local social da Brea.
Comeza de novo un proxecto que acolle actividades moi diferentes e variadas que nacen grazas ás ideas e a colaboración de moitas persoas e entidades.
Durante os meses de maio e xuño desenvolveranse charlas, obradoiros de cesteiría e de convivencia, prantacións de árbores, e actividades nas que nos achegaremos a outras formas de vida, e ao aprobeitamento sostible e respetuoso dos recursos naturais.
Daremos comezo a estas actividades este vindeiro sábado día 7 de maio, coa primeira delas “Achegándonos ao Cabalo Galego”, unha actividade que nos levará a coñecer máis de preto as carcaterísticas e particularidades do cabalo e galego e o seu papel na conservación da paisaxe e da biodiversidade, da man de Antón Vázquez. A cita terá lugar no Local Social de Seavia ás 10:30h e a entrada será libre.
De xeito periódico, facilitaremos máis información sobre as vindeiras actividades que compoñen o programa.
Agradecer unha vez máis ás entidades e persoas colaboradoras desta xeira de actividades, que facedes posibles esta nova edición das Semanas de Natureza e Paisaxe.