BOTASE A ANDAR O VI INVERNO ANCESTRAL

BOTASE A ANDAR O VI INVERNO ANCESTRAL

Magosto presentacion VI Inverno ancestral 3

Magosto presentacion VI Inverno ancestral 3

Magosto presentacion VI Inverno ancestral 2

Magosto presentacion VI Inverno ancestral 2

O magosto do pasado 19 de novembro puxo o punto de partida ao VI INVERNO ANCESTRAL. Case 30 persoas recibiron con castañas, pan de ovo, tarta e licores unha xeira de actividades que pretenden poñen en valor a nosa cultura e medio natural, poñendo énfase no patrimonio inmaterial exposto nas HISTORIAS DE INVERNO.

Deste xeito, o vindeiro 17 de decembro terá lugar a presentación do documental O ESFORZO DA SUBSISTENCIA, realizado a partires das gravacións realizadas nas HISTORIAS DE INVERNO. Este documental gravado en 21 parrroquias das comarcas de Soneira e Bergantiños trata sobre os traballos realizados das persoas narradoras a mediados de S XX. A dita presentación están convidadxs narradorxs e presentadorxs dos diferentes encontros realizados nos 21 lugares diferentes, así como público en xeral. Celebrarase no Espazo da Natureza de Oza o sábado 17 de decembro ás 12h.

A xeira de CONVERSAS DO RURAL desenvolverase a través da participación de Jesús Vázquez do Movemento en Defensa de Baldaio, Antonio Castro, investigador de Ferreira-Coristanco e Lois Guillín, veterinario do rural. As conversas serán encontros informais con estes persoeiros do rural, que terán diferentes visións e aportacións da súa actividade nas diferentes áreas. Estes encontros serán este venres 25 de novembro, o venres 30 decembro e o venres 13 de xaneiro, por este orde. O lugar será o propio Espazo da Natureza de Oza e a participación libre.

Dentro deste VI INVERNO ANCESTRAL teremos un apartado de aforro enerxético, con dúas accións relativas á enerxía solar fotovoltáica. A primeira delas en formato charla de iniciación o día 10 decembro no Espazo da natureza de Oza ás 10 horas e de participación libre. A segunda en formato obradoiro, a mesma hora no mesmo lugar o 11 de febreiro ( necesaria inscrición 35€), máis indicada á execución deste tipo de instalacións.

Dende Senda Nova acompañaremos ao APALPADOR , na súa visita cos ESPIAS NO BOSQUE ás escolas rurais da comarca. Será na semana do 12 ao 16 de decembro.

O DÍA INTERNACIONAL DOS HUMIDAIS celebrarémolo, como é tradicional, cunha visita ao ESTEIRO DO ANLLÓNS. Na excursión percorreremos os puntos máis interesantes dun dos espazos da zona de máis valor ornitolóxico. Será o sábado 4 de febreiro e será necesaria inscrición previa.

A revista ABRINDO CAMIÑO está de volta cun número novo onde intentaremos poñer foco nas desfeitas que ameazan o noso rural máis próximo así como as iniciativas interesantes de posta en valor dos recursos naturais e culturais da zona. A presentación será o vindeiro día 25 de febreiro ás 12 no Espazo da Natureza de Oza. A participación libre.

Con estas accións, o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA encherase de contido e dinamización sobre o noso rural.

Descarga AQUI o cartel.

cartel 6º inverno ancestral

cartel 6º inverno ancestral