O Esteiro do Anllóns albergará a próxima actividade de Senda Nova. Coa visita preténdese conmemorar o Día Internacional das zonas Humidas. A data propia, o día 2 de febreiro pretende sensibilizar e poñer en valor estes espazos naturais que levan sufrindo importantes regresións dende fai décadas.
Na excursión ao Esteiro do Anllóns participarán os rapaces e rapazas da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA- CONCELLO DE CARBALLO ás que se unirán socios e socias da entidade e persoas interesadas.
Ao encontro no espazo natural sumarase Jose Luír Rabuñal Patiño. O destacado ornitólogo leva décadas de traballo no Esteiro, con máis de 5000 visitas documentadas e infinidade de especies avistadas nun dos lugares máis importantes de Galicia para o avistamento da avifauna.
Aqueles que desexen acompañarnos deberán de poñerse en contacto con nos no telef 611037617 ou no mail sendanova@hotmail.com, onde lle indicaremos os pasos para formalizar a inscrición.
Actividade de balde ata completar prazas. Hora saída dende Carballo: 10h. Hora de chegada 13:30