Máis de 20 persoas foron as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para visualizar o filme A Luz do Negro, dentro dos Xoves de Filmes que proxectamos dende o noso espazo.
Entre os integrantes atopábanse membros da Plataforma en Defensa de Monte Neme, un nutrido grupo de mozos e mozas e, tamén, veciños e veciñas de Oza, moitos deles antigos traballadores e traballadoras da antiga mina de volfram de Monte Neme.
O tempo post documental achegounos a un interesante faladoiro onde os máis vellos expuxeron o seu modo de vida e traballo nas diferentes etapas das minas de Monte Neme a través das dúas xeracións de participantes da parroquia de Oza. Moitas similitudes entre a explotación da Brea, exposta no filme por Encarna Otero e a bergantiñán.
O filme achega no coñecemento ao contrabando de volfram, o xeito de explotalo, as penurias dos mineiros e a repercusión internacional do mineral, común ás minas que salpicaron Galicia durante décadas e que levaron ao territorio a ser estratéxico durante a segunda guerra mundial.
O filme tamén pretendía ir adinatando información, para complementala, de xeito especial, no colofón á semana dedicada ao Monte Neme: A vindeira ruta polas Pegadas do Volframio.
Aínda estás a tempo de apuntarte. Ata venres 24.