Senda Nova, PREMIO OSÍXENO COLECTIVO 2019

Senda Nova, PREMIO OSÍXENO COLECTIVO 2019

Clausura Escola 19 6

Clausura Escola 19 6

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA ven de fallar os premios OSIXENO e DIOXINA 2019 coa que a entidade conservacionista galardoa ás mellores e peores actuacións e condutas medioambientais no ano que rematou.

Estes premios contan cunha traxectoria de case dúas décadas, cunha influencia importante en todo o territorio galego, sendo concedidos por unha entidade referencia dentro do ecoloxísmo do país. Os galardóns divídense en:

1. Premios Dioxina individual e colectivo para as entidades e persoas con conductas negativas cara o medio natural. Neste caso os galardóns recaeron respectivamente no actual Director Xeral Enerxía e Minas, Ánxel Bernardo Tahoces e nos  responsábeis da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

  1. Premios Osíxeno a) Individual:
    Para Manuel García, un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia e da plataforma Auga Limpa Xa!, ademais de pioneiro na produción e comercialización de horta ecolóxica en Galiza, pola súa acción durante 2019 a prol da defensa ambiental da comarca da Limia fronte á contaminación de terras e mananciais procedente da industria cárnica intensiva, así como pola reivindicación dun modelo agrogandeiro máis sustentable. Actualmente, Coren ameaza con reclamarlle máis de 1 millóns de euros por presuntas “difamacións” contra a empresa.

B) Colectivo:

Para a  Asociación Ambiental Senda Nova, para poñer en valor o seu traballo durante 2019 e na última década a prol da educación ambiental nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, converténdose nun referente na zona na organización de actividades de interpretación da Natureza.

Asimesmo, ADEGA concede o premio Osixeno de Honra 2019 a Elvira Cienfuegos, catedrática de Ciencias Naturais, bióloga, docente, política e ex-secretaria xeral de ADEGA pola súa traxectoria de traballo e compromiso coa natureza galega.

Agradecer fondamente a ADEGA por este galardón tan importante para nos e por lembrarse do noso traballo durante o balance destes premios.