A FIGURA DO XESTAL, PRESENTE NA PRESENTACIÓN DA XIV PRIMAVERA EN RUTA

A FIGURA DO XESTAL, PRESENTE NA PRESENTACIÓN DA XIV PRIMAVERA EN RUTA

PRESENTACIÓN DA XIV PRIMAVERA EN RUTA

 

O vindeiro sábado día 1 de abril ás 12h. no Espazo da Natureza de Oza terá lugar a presentación dunha nova edición do programa máis antigo da asociación, a Primavera en Ruta.

No acto serán protagonistas as rapaces e rapaces da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo. Están convidados e convidadas, representantes de todos os concellos colaboradores.

PRESENTACIÓN RUTA DO XESTAL

O acto servirá tamén de presentación da Ruta do Xestal, un itinerario deseñado por Jose Manuel Menéndez, que encaixa no ANO DO XESTAL e que se suma á xeira de actividades impulsadas dende o Concello de Carballo a través da Comisión do ano do Xestal, para impulsar a figura do artista galego.