Achegándose á xeoloxía do litoral

Achegándose á xeoloxía do litoral

1 xeolóxica EUQRB 7

1 xeolóxica EUQRB 5

Case corenta persoas se deron cita na mañá do pasado sábado para asistir á primeira das citas coa xeoloxía do programa EU QUERO RAZO BALDAIO que impulsa o Concello de Carballo coa colaboración das entidades ADEGA, GN Hábitat e a A. Ambiental Senda Nova.

Precisamente dende a entidade bergantiñá cordinamos a saída a través do guiado de Ángela e Evarísto.
Unha proposta de percorrido ben interesante a que se iniciou na propia praia fósil de Razo. Comezaba a mañá mentres comprendiamos a diferencia de nivel da auga na actualidade con ben anos atrás cando se formou o fósil de praia, actualmente responsable da pouca consistencia dos taludes.

A Punta do chan de Razo é un dos lugares máis espectaculares da costa carballesa. Sorprende o espazo, sobre todo para as moitas persoas que aínda quedan sen coñecer un lugar privilexiado a nivel paisaxístico onde é sinxelo comprender a dinámica de erosións do mar e a diferenza na composición de materiais. Dende preto de aquí puidemos observar a maior parte da costa do concello e tamén os diferentes puntos que tiñamos percorridos na visita, por suposto os que nos quedaban por percorrer. A perspectiva tiña como axuda un día de sol espléndido que alumeou un dos areais máis extensos de Galicia.

No camiño cara Baldaio en bus puidemos achegarnos á valgada que forma a Depresión meridiana. Esa navallada que rompe Galicia de norte a sur inicia camiño precisamente nesta parroquia carballesa. Lugares como Carballo, Caldas de Reis ou Pontevedra aséntanse nesta fondeira, berce de augas termais. A propia formación das férvedas de Rus ou Entrecruces responde tamén a este accidente xeográfico que aproveita o río Dubra ou Tambre no seu camiño.

Baldaio acolleu a última das zonas nas que aprendemos. Os cambios nas correntes marítimas, a modificación da paisaxe costeira, a formación da lagoa, as fallas que arrincan na mesma fondeira da parroquia de Lema e , sobre todo, a formación do sistema dunar e as diferentes tipos de dunas ( primarias, secundarias ou terciarias) foron os nexos de achegamento xeolóxico á costa occidental do concello.

Agradecer moitísimo a participación e interese das persoas participantes e animar nas próximas actividades.
Este vindeiro mércores visitaremos os SEGREDOS CULTURAIS DA COSTA CARBALLESA e o fin de semana o agardado OBRADOIRO DE PEGADAS.

EU QUERO RAZO BALDAIO. Apúntate.

1 xeolóxica EUQRB 2
1 xeolóxica EUQRB 2
1 xeolóxica EUQRB 3
1 xeolóxica EUQRB 4
1 xeolóxica EUQRB 5
1 xeolóxica EUQRB 6