Como en anos anteriores Senda Nova volveu colaborar coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de ríos, na que desta volta xa van 10.
E foron algo máis dunhas 20 persoas as que se pasaron a mañá do domingo aportando o seu graíño de arena para manter as canles fluviais limpas dende Bergantiños, máis concreto a do río Anllóns. Moitas das voluntarias e voluntarios que se uniron a limpeza foron nenos e nenas que se achegaron a mollarse polos nosos ríos e a concienciarse por eles e polo seu entorno, pois serán eles o futuro e os que teñan nas súas mans que se siga mantendo limpo e en bo estado.
Con esta iniciativa non só se pretendía limpar un tramo de río senón que se pretende achegar a poboación a importancia que ten o manter os espazos limpos e en bo estado, así como o de facer ver o deterioro dos mesmos e todo o que se deposita neles, causa das malas condutas que presenta a gran maioría da poboación.
A mañá deunos para recoller arredor duns 150 quilos de lixo e tamén para pensar en como chegou alí e quenes son os responsables del. Tamén nos decatamos de que moito do lixo recollido eran toalliñas de baño, un gran problema nas depuradoras e nos nosos ríos, xa que aínda que poñan que se poden tirar polo baño, nunca o deberiamos facer pois cando chegan as plantas de tratamento chegan como unha gran bola xigante e ao final a gran maioría delas acaban polos nosos ríos e mares.
Hoxe fomos uns poucos os que nos xuntamos para lembrar que o que tiras no chan non desaparece aínda que non o vexamos, polo que, recorda deixar os espazos como os atopaches, e emprega sempre os colectores de lixo, pois nin os ríos nin os montes o son. E non te esquezas que manter os nosos espazos limpos é cousa de todas e todos.