Logo de recollernos o autobús nos concellos de Coristanco, Carballo e A Laracha, dirixímonos o Santuario dos Milagres de Caión comenzo da penúltima ruta do ciclo deste ano, que por motivos que todas e todos sabemos, non se poideron facer na primaveira coma sempre.
Xa en Caión logo da presentación da actividade, o noso mestre Evaristo Rodríguez Rial comenzou a deleitarnos unha vez máis cos sus coñecementos, xa o pé do santuario.
Seguimos cara lagoa no monte das Chanceiras, a aldea de Borrazás, no traxecto, quedounos claro as variedades de carballos existentes na zona, tamén tipos de flora e mesmo comparativas a nivel de producción entré un souto e un eucaliptal.
Unha paradiña no campo do Rapadoiro valeunos para entender entre outras cousas a existencia da feira de Carballo. Visitamos Casadelas para coñecer a aldea e a casa mais antiga, pretiño acercamos a igrexa de Noicela do seu entorno moi coidado,logo dunha pequena subida chegamos a aldea de Constenla fermosa pola súa arquitectura e estupendas vistas da zona, o lado desta aldea agardábanos o castro que dou nome a aldea.
A fame xa ía chegando pero o obxetivo era comer nas proximidades da praia da Arnela, aquí demos boa conta dos bocatas e froita que nos prepararón para ter folgos o reanudar a ruta.Xa camiñando pola costa, chegamos a Praia fósil de Leira, Evaristo fíxonos unha disertación de xeoloxía que agradecemos moito.
Nesta ocasión o obxetivo seguinte era a Pedra da Furna Furada, dela coñecemos a súa formación e máis detalles.Seguimos pola costa vendo xa a Vila de Caión o fondo e a capela dos Milagres a dereita, na praza caionesa visitamos a súa igrexa e instruimos Evaristo sobre a Vila e o Pazo dos Condes de Graxal, logo dun recorrido polo litoral da vila retornamos a praza para comenzar o camiño de volta.
Coa sensación de pasar un día un día con grata compañía, facer un pouco de exercicio físico, coas imaxes e sensacións vividas durante a xornada. E xa pensado na seguinte ” Terras de Soneira” para pechar o ciclo de este ano.
Grazas a todas as persoas que nos acompañastes durante a xornada, e sobre todo as voluntarias e voluntarios que facedes posible que o programa saia adiante. Un ano máis agradecerlle a implicación aos concellos colaboradores que facilitan que estas actividades se desenvolvan e en especial nesta ocasión ao Concello da Laracha, anfitrión desta penúltima camiñada da tardía Primavera en Ruta 2020.