11 · Abril · 2022
presentación 13 Primavera en ruta

BENVIDA A XIII PRIMAVERA EN RUTA

  A XIII PRIMAVERA EN RUTA está preparada para saír ao encontro da aprendizaxe co entorno e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos  como principal obxectivo. O Espazo da Natureza de Oza recibiu a medio cento de persoas para acoller de xeito especial o inicio dunha nova edición do programa máis antigo e emblemático de Senda Nova. O nexo de […]
5 · Abril · 2022
cartel presentacion Primavera en Ruta

VOLVE A PRIMAVERA EN RUTA

O vindeiro sábado día 9 de abril ás 13 horas, recibiremos a XIII edición do programa Primavera en Ruta. A XIII PRIMAVERA EN RUTA está xa a volta da esquina. O traballo organizativo leva un tempo en marcha e temos todo preparado para ofertarvos o sendeirismo consciente que consideramos vimos desenvolvendo  dende o nacemento da asociación e,  de xeito máis […]
16 · Novembro · 2021
cartel presentacion Escola Ambiental

SÁBADO 20 PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL

O sábado 20 de novembro ás 11 h no Espazo da natureza de Oza terá lugar a presentación dunha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo. O acto servirá para que a nova rapazada coñeza as instalacións, ademáis de para darlle a información necesaria ás familias. No acto participará persoal da asociación e do Concello de Carballo
30 · Outubro · 2021
Escola 21-22 7

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA ESCOLA 21-22

  ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA ESCOLA 21-22   A Escola Ambiental 21-22 quece motores. Comezan os preparativos para unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo e ábrese o prazo de pre-inscrición para os nenos e nenas que desexen anotarse a unha nova programación de actividades de potenciación do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico dentro da […]
22 · Outubro · 2021

ESPIAS NO BOSQUE

É palpable descoñecemento da fauna autóctona por parte da poboación en xeral e os máis novxs en particular. O desapego do noso rural, as novas tecnoloxías e múltiples factores, fan que a nosa rapazada coñeza máis o leopardo das neves que un porco teixo. As avaliacións realizadas en centros de ensino a través a cuestión “dime un animal”, arroxaban datos […]
29 · Setembro · 2021
Presentacion 10 OM 2

OUTONO EN MARCHA: 10 ANOS DE OCRES NA PAISAXE BERGANTIÑÁ

A proposta do 10 OUTONO EN MARCHA está na rede e na néboa das paisaxes de Bergantiños. O pasado martes 28 de decembro, 20 persoas xuntáronse no Espazo da natureza de Oza para recibir 10 anos de paisaxes de outono polas corredoiras de Bergantiños. 10 anos de colaboracións entre Concello de Carballo, Concello de Coristanco, Concello da Laracha, Protección Civil […]
20 · Setembro · 2021

PRESENTACIÓN X OUTONO EN MARCHA

Dez anos de Outono en marcha se celebran o próximo 28 de setembro no Espazo da natureza de Oza. Dez anos de rutas de outono, de sendeirismo para o coñecemento. De amigos, anécdotas e quilómetros de corredoiras enlamadas e de follas secas.   O vindeiro 28 de setembro ás 20h. xuntámonos para agradecer a colaboradores, participantes e socios da entidade […]
7 · Setembro · 2021
berra 21

O ESPECTÁCULO DA BERREA CON SENDA NOVA

O verán remata e as montañas do Alto Nalón asturiano choran as primeiras bágoas de outono. A humidade volve ao ambiente ao tempo que as árbores de folla caduca comezan a súa decadencia. Os olores poténcianse e os cervos entran en celo por todo un territorio onde son maioría.   O espectáculo da Berrea móstrase cada ano en Asturies como […]