3 · Decembro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 3 · Decembro · 2018
A pesares dunha metereoloxía de choiva, unhas 150 persoas foron as que se achegaron a un programa de coñecemento do entorno a través das camiñadas, e que cumpriu seis dinámicos anos. O destino foi sempre a contorna local no amplo obxectivo de manter cada un dos roteiros deseñados con vida e, deste xeito camiñalos de xeito paseniño, unha vez […]
27 · Novembro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 27 · Novembro · 2018
A rúa Venezuela punto de partida da recta final deste 7º OUTONO EN MARCHA. Ás 8.15 ben abrigadas dispoñíamosnos a percorrer as terras de Rus e Entrecruces coa Ruta das Férvedas. Na nosa peregrinaxe polo coñecemento e a conservación do noso patrimonio camiñamos polo polo antigo camiño que unía as aldeas do tercio e que nos leveva dende Bergantiños ata […]
19 · Novembro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 19 · Novembro · 2018
A semana pasada foi un percorrido contínuo polo Monte Neme, ese espazo tan degradado como querido. Adorado polas tribus máis ancestrais e roubado de minerais polas sociedades máis actuais. No roteiro de sendeirismo polas PEGADAS DO VOLFRAMIO os novos no percorrido sorpréndense ao ver Monte Neme despoxado ata dos elementos físicos testemuña do seu maltrato. A historia arqueolóxica do volframio […]
12 · Novembro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Novembro · 2018
Esta semana tocounos viaxar polas Terras do Marqués. Comezamos o percorrido o mércores co programa de radio “Da lareira á lameira”. No que José Manuél Menéndez nos fixo un rápido percorrido das terras de Artes e Ardaña que logo pisaríamos o vindeiro domingo, e que nos poñía en situación dos diversos lugares que íamos visitar. Ao día seguinte, o xoves […]
28 · Outubro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 28 · Outubro · 2018
A semana do comezo do 7º OUTONO EN MARCHA comezou de mércores 24 cun repaso cultural pola parroquia de Montemaior. O programa de RTV CERCEDA, DA LAREIRA Á LAMEIRA pretendeu unha toma de contacto e presentación do que ía ser o estreo deste programa de roteiros para o coñecemento. O eixo non foi outro que a SENDA DAS CAPELAS, o […]
20 · Outubro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Outubro · 2018
Onte, venres 19 de outubro, o Espazo da Natureza de Oza acollía a algo máis dunha ducia de persoas para darlle a benvida o outono e con el á 7ª edición, xa, do OUTONO ENMARCHA. Foi un día de moita actividade na que as Conversas do luscofusco, do programa AS SETE NO ESPAZO, daban paso á presentación das tan ansiadas […]
8 · Outubro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 8 · Outubro · 2018
Finais de setembro principios de outubro, o sol vaise e o Alto do Nalón despídenos ata a próxima. Afastámonos lentamente coa choiva as costas e o sol no horizonte. Un sol xa menos cálido e un clima máis frío. Os cérvidos van berrando menos. O VERÁN AO NATURAL xa rematou. O 14 de xuño realizabamos o tradicional ROTEIRO NOCTURNO, nesta […]
30 · Setembro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 30 · Setembro · 2018
Para rematar setembro, e a semana, que mellor que unirnos todos e todas por unha boa cousa. Arredor de 60 concellos de toda Galicia se xuntaron hoxe, a través de ADEGA, para participar na XI Limpeza Simultánea de Ríos. Dende Senda Nova quixemos achegar a Bergantiños a participar nestas xornadas e, así, unhas 20 persoas se xuntaron para esta causa […]
14 · Setembro · 2018
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Setembro · 2018
A semana pasada, de xoves a sábado, realizouse o Curso de Iniciación á Cartografía e Orientación no Espazo da Natureza de Oza. O curso serviu para introducir conceptos básicos de Cartografía para logo comprender mellor como son e como se usan dúas ferramentas case imprescindibles para a orientación, o mapa e o compás, para guiarnos e non perdernos na Natureza […]