20 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Setembro · 2020
A segunda edición da revista ABRINDO CAMIÑO xa está camiñando polo rural de Bergantiños. Onte, dende o Espazo da Natureza de Oza, presentamos o segundo número da publicación da asociación que pretende, entre outras cousas, poñer en valor o patrimonio das nosas comarcas. O acto estivo complementado por persoas colaboradoras da publicación, membros de Senda Nova e tamén público en […]
12 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 12 · Setembro · 2020
Por fin temos xa aquí a presentación doutro número da revista ABRINDO CAMIÑO. Esta nova edición deste espazo impreso para a dinamización rural das nosas comarcas verá a luz o vindeiro sábado día 19 de setembro ás 19h nos exteriores do Espazo da natureza de Oza. Dende Senda Nova convidamos a colaborador@s, soci@s e demais público para achegarse a dar […]
3 · Setembro · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 3 · Setembro · 2020
Para rematar o ciclo da Primavera en Ruta deste ano, fixémolo ao grande. Logo das presentacións e meter nas mochilas os bocatas e o tríptico, visitamos a fervenza do Rabiñoso (paraxe excepcional) ao comezo do día espectacular. Serviunos tamén para estimular a subida a Pico de Meda, con paradas para coller folgos e comentar aspectos que ían xurdindo. Chegado a […]
25 · Agosto · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 25 · Agosto · 2020
Logo de recollernos o autobús nos concellos de Coristanco, Carballo e A Laracha, dirixímonos o Santuario dos Milagres de Caión comenzo da penúltima ruta do ciclo deste ano, que por motivos que todas e todos sabemos, non se poideron facer na primaveira coma sempre. Xa en Caión logo da presentación da actividade, o noso mestre Evaristo Rodríguez Rial comenzou a […]
19 · Xullo · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 19 · Xullo · 2020
Os lindes entre concellos, comarcas, estados ou provincias son , en moitas ocasións, dos lugares menos coñecidos das mesmas. Os territorios a cabalo entre dúas comarcas irmás como Bergantiños e Soneira ,son neste caso parroquias do interior profundo do concello de Cabana de Bergantiños. A fronteira administrativa dos concellos establécese facilmente mais as comarcas naturais de Bergantiños e Soneira […]
14 · Xullo · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Xullo · 2020
Dende o alto da Croa puidemos divisar o andado e tamén o que nos quedaba por andar deste itinerario pola Costa agreste de Cerqueda e Cambre. Coa referencia da torre dos fornos de El Progreso localizamos Os Barreiros, onde a oleiría de Buño se segue a abastecer hoxe en día dun agasallo en forma de materia prima, o barro, […]
7 · Xullo · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 7 · Xullo · 2020
“Ao monte hai que ir a algo”. Esa frase repetida por meu pai nos cumios de Peñamayor, en Asturies, ía dedicada á posta en valor do pastoreo na zona, toda vez que as rutas que estabamos a facer tiñan como obxectivo ir visitar o gando miúdo ou “reciella” da nosa propiedade que pasaba o verán neses montes do […]
29 · Xuño · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 29 · Xuño · 2020
VAL DE COUSO: NEXO DE PARROQUIAS, UNIÓN DE BELEZA DO CORISTANCO HISTÓRICO Coristanco Histórico enche de contidos aos camiñantes. Como cada ano, este itinerario polo sur do concello bergantiñá, salpica de paradas para a aprendizaxe cada curva da corredoira. Por vez primeira non foi posible a visita á obra da polifacética Asunción Antelo. A finada artista de Segufe deixounos […]
22 · Xuño · 2020
Publicado por A. A. Senda Nova em 22 · Xuño · 2020
As beiras do río de Bergantiños, máis secas que nunca reciben aos primeiros participantes dunha XI PRIMAVERA EN RUTA que se formateou por mor do COVID. Que resucitou precisamente o día que a difícil primavera lle deixa paso ao verán. E o verán, galego como tal, chegou como chega sempre a estas terras do corazón de Bergantiños. Co orballo […]