2 · Xullo · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 2 · Xullo · 2022
Outra edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo tocou ao seu fin este pasado sábado no Espazo da Natureza de Oza. Ao acto asistiron membros do Concello de Carballo, así como familiares e amigos da rapazada asistente. Tamén un bo número de persoas de Senda Nova, que se animaron a arroupar e homenaxear ás rapazas e rapaces protagonistas doutra […]
27 · Xuño · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 27 · Xuño · 2022
Fai uns días puxemos punto e final a outra edición máis do programa máis antigo de Senda Nova. A Primavera en Ruta superou a edición número 13 no seu calendario cumprindo obxectivos de participación, diagnose do territorio e tamén coñecemento do mesmo. Volveuse a facer a través dos clásicos percorridos, deseñados para tal efecto, que apuntan a paradas para […]
20 · Xuño · 2022
Publicado por A. A. Senda Nova em 20 · Xuño · 2022
Varios centos de meigas voltaron ao Monte Neme para ateigar a Eira das Meigas de reivindicación a prol dos valores ecolóxicos, culturais e sociais. Abriron os actos Xan M Fraga e Xan X. Fernández. Os historiadores afondaron nos valores culturais do Monte Neme, facendo un percorrido polo patrimonio inmaterial dun espazo degradado e maltratado ao longo da historia. Diferentes colectivos […]
14 · Decembro · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 14 · Decembro · 2021
A Ruta das Férvedas puxo punto e final a dez anos de OUTONO EN MARCHA. As previsións de choiva cumpríronse mais non se cumpriron en canto ao volume de participación. Non obstante, un bo número de persoas presentáronse nos lugares de recollida dos buses un novo domingo ás 8h para botarse ás corredoiras de Bergantiños. Desta volta coas férvedas carballesas […]
24 · Novembro · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 24 · Novembro · 2021
EN MARCHA A 10 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL A Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo bótase a andar novamente a través da súa décima edición. Ao acto de presentación asistiron medio cento de persoas entre as que se atopaban as familias da rapazada que desfrutará da programación. Tamén se atopaban socios de Senda Nova e o concelleiro de medioambiente […]
24 · Novembro · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 24 · Novembro · 2021
Arredor de 40 valentes camiñantes se abriron paso este pasado domingo tralas frías e xeadas Pegadas do Wolframio, a penúltima das actividades deste X Outono en Marcha. A ruta comezaba preto das 8:30 da mañá no impoñente peto de ánimas da parroquia de San Breixo de Oza, e logo de visitar a igrexa parroquial. O grupo dirixiuse paseniñamente até […]
16 · Novembro · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 16 · Novembro · 2021
O sol converteu en fume a xiada do domingo e Montemaior comezou a espertar da friaxe ao mesmo tempo que chegaban á carballeira de Sta Margarida os camiñantes do 10º Outono en Marcha. O concello da Laracha era a estación desta cuarta andaina polas corredoiras de Bergantiños e a Senda das Capelas o percorrido proposto para encher as mochilas de […]
10 · Novembro · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 10 · Novembro · 2021
Arredor de corenta participantes se deron cita na terceira das andainas propostas dentro deste X OUTONO EN MARCHA. O percorrido comezaba preto da Lagoa de Alcaián, alí onde a imaxinación debullaba en colocar a mansión romana de Atricondo. E o certo é que algúns historiadores formulan a hipótese de que o itinerario Per loca Marítima que unía Braga con Astorga […]
5 · Novembro · 2021
Publicado por A. A. Senda Nova em 5 · Novembro · 2021
O pasado domingo 24 de outubro puidemos desfrutar dunha xornada de sendeirismo interpretado cun gran contido cultural e patrimonial así coma dunha contraste climatolóxica que fixo do día espertar nos participantes diversas emocións e sensación, facendo se cabe, máis intensa a actividade desta que chamamos sendeirismo consciente. O día comezaba a abrir timidamente baixo un manto de chuvia intensa […]